Seis tripulantes do barco 'Notre Dame', atracado no porto de Celeiro (Viveiro) deron positivo na proba de COVID-19 que se lles realizou, segundo confirmaron a Europa Press fonte municipais.
En concreto, sinalaron que se trata dun barco de Cedeira (A Coruña), con 16 tripulantes, e cuxo patrón, igual que algún tripulante máis, é de Viveiro. O barco arribou a porto a pasada sexta feira despois de estar a faenar no Gran Sol, realizáronse probas para detectar a COVID-19.
O patrón ingresou no Hospital da Mariña, situado en Burela, e a súa evolución é nestes momentos "favorábel", precisaron as fontes consultadas.
No caso dos outro cinco tripulantes que deron positivo nas probas realizadas, determinouse, por parte das autoridades sanitarias, o illamento domiciliario para pasar a corentena decretada en casos deste tipo.