O comité de empresa de Povisa celebra o ''éxito'' da folga e denuncia o incuprimento dos servizos mínimos

[Imaxe: © S.S.]

Traballador@s do hospital concertado encetaron este 17 de marzo a segunda greve indefinida en sete meses. Rexeitan o despedimento de 14 compañeir@s.

 

O comité de empresa de Povisa celebra o "éxito" da primeira xornada da folga indefinida que encetaron este 17 de marzo para rexeitar o despedimento de 14 traballador@s.

A presidenta do comité, María Xesús Neira (CIG), cifrou o seguimento nun 50%, dado elevado tomando en conta que o hospital concertado ten estabelecidos como servizos mínimos máis de 500 operari@s e 300 médic@s nun cadro de persoal de 1.350 profesionais. 

Así as cousas, ficaron fechados os servizos de rehabilitación e dixestivo, para alén de tres quirófanos e mesmo algúns consultorios. En planta "estivo activo o persoal que hai os domingos". Con todo, María Xesús Neira denunciou que a empresa incumpriu os servizos mínimos fixados e "moveu persoal de UCI para a clínica de día, cando iso non o pode facer".

A dirección da clínica concertada co Sergas defende que a greve tivo un seguimento do 9%. En asemblea, @s traballador@s decidiron seguir adiante coa greve indefinida, a segunda en sete meses após a realizada en agosto de 2013 e apoiada por todos os sindicatos con representación no comité de empresa agás CC.OO.