Educadores ambientais alegan as condicións das contratacións de atención ao público dos parques naturais

Illas Cies. Foto. Borealis

SGAE considera que as condicións fan case imposíbel que se contrate persoal especializado

A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), entidade que afirma representar gran parte dos educadores ambientais de Galiza, presentou alegacións á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio polo concurso de licitación para a contratación do servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental nos Parques Naturais e nas Aulas de Natureza. Queren que se elabore unha nova convocatoria contando co sector da Educación Ambiental para a súa redacción.

O colectivo pide a retirada e a reformulación das condicións, pois consideran que as actuais “fan difícil ou imposible que se contrate persoal especializado en Educación Ambiental en condicións dignas”. Indican que o orzamento é baixo e a formación rquerida que se pide “deixa fóra a máis da metade dos educadores e educadoras ambientais de Galiza”. Engaden, ademais, que o orzamento e requisitos apontan a unhas condicións salariais “por debaixo do salario mínimo interprofesional, e por tanto ilegalmente, cando a titulación mínima esixida é de titulado ou licenciado”.

O SGEA sostén que en base aos criterios do cincursio, a empresa adxudicataria tería que facerse cargo de outras funcións que van mais alá do servixos de antención de visitantes aos espazos protexidos: “elaboración do plan de uso turístico do espazo natural (que entendemos que deberían ser redactados por expertos do sector), os custes de limpeza (servizo regulado por convenio propio), realizar charlas e outras actividades nos centros educativos de toda Galiza que así o soliciten sen limitación (lembrar que en Galicia temos arredor de 1.400 centros escolares), etc,..”