A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), entidade que afirma representar gran parte dos educadores ambientais de Galiza, presentou alegacións á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio polo concurso de licitación para a contratación do servizo para o deseño e execución das campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental nos Parques Naturais e nas Aulas de Natureza. Queren que se elabore unha nova convocatoria contando co sector da Educación Ambiental para a súa redacción.
O colectivo pide a retirada e a reformulación das condicións, pois consideran que as actuais “fan difícil ou imposible que se contrate persoal especializado en Educación Ambiental en condicións dignas”. Indican que o orzamento é baixo e a formación rquerida que se pide “deixa fóra a máis da metade dos educadores e educadoras ambientais de Galiza”. Engaden, ademais, que o orzamento e requisitos apontan a unhas condicións salariais “por debaixo do salario mínimo interprofesional, e por tanto ilegalmente, cando a titulación mínima esixida é de titulado ou licenciado”.
O SGEA sostén que en base aos criterios do cincursio, a empresa adxudicataria tería que facerse cargo de outras funcións que van mais alá do servixos de antención de visitantes aos espazos protexidos: “elaboración do plan de uso turístico do espazo natural (que entendemos que deberían ser redactados por expertos do sector), os custes de limpeza (servizo regulado por convenio propio), realizar charlas e outras actividades nos centros educativos de toda Galiza que así o soliciten sen limitación (lembrar que en Galicia temos arredor de 1.400 centros escolares), etc,..”