Folerpas

Caeron as folerpas coas que eu soñaba. Olleinas no curuto de Montealegre e tirei monte abaixo ata Cruz Alta. Elas dixéronme o que segue. A etapa do petróleo remata e con ela adeus a financierización, ese vértice virtual do poder,; adeus ás multinacionais que acumularon a riqueza de tres cuartos do planeta Terra.

Caeron as folerpas coas que eu soñaba. Olleinas no curuto de Montealegre e tirei monte abaixo ata Cruz Alta. Elas dixéronme o que segue.

A etapa do petróleo remata e con ela adeus a financierización, ese vértice virtual do poder,; adeus ás multinacionais que acumularon a riqueza de tres cuartos do planeta Terra. Que Repsol faga as maletas e abandone o “Cono Sur”: memoria colonialista deixa abondo.

Hai enerxía sostíbel para séculos sen sair deste planeta. A eólica, a solar, a da biomasa, a xeotérmica….Producide hidróxeno como forza limpa e ilimitada. Esas enerxías son vosas, dos cidadáns: facede tellados de placas solares, sumádevos aos vecinos para servos capaces de vivir fora das pirámides. Tedes sabeduría para formas laterais de convivencia.

Sentei no meu “estudio” convencido e leo para vós os cinco piares da 3º revolución industrial de J. Rifkin:”1) a transición cara a enerxí a renovábel”;2) a transformación do parque de edificios de cada continente en microcentrais eléctricas que recollan e reaproveiten “in situ” as enerxías renovabeis;3)despregue da tecnolixía do hidróxeno;4) o uso da tecnoloxía do Internet para transformar a rede eléctrica de cada continente nunha “interrrede” de enerxía compartida;5) a transición da actual flota de transporte cara vehículos de motor eléctrico con alimentación en rede e/ou con pilas de combustíbel (J. RIFKIN,LlA tercera revolución industrial, p. 60).

“SermosGaliza” leva baixo a letra a esperanza dun tempo novo, dun tempo de convivencia lateral sen pirámides de cadáveres. Francisco Carballo