Opinión

"Se não podemos trabalhar juntos em tempos de crise, qual é o valor desta União Europeia?"

Así cavilou o Primer Ministro portugués após dun Consello Europeo co gallo da pandemia. Un cumio no que o represtante holandés pediu investigar as causas do endebedamento español.

Por tanto, xa entramos na fase de pisotear a soberanía de calquer Estado Membro en público. Neste caso tocoulle ao “Reino de España”, un dos PIGS. Pregúntome que opina o Trifacho? Realmente lles importa a Patria?

A UE foi formulada polos grandes da banca e da industria para consolidar as súas ganancias. Os mesmos que provocan as contiendas militares mundiales, son os que na época posbélica conciven a CECA, a CEE a Área de Libre Comercio. Unha unión arancelaria para evitar a entrada de productos foráneos e protexer a industria interna.

Nos primeiros anos, a CEE tivo taxas de crecemento elevadas. Mais a partir de 1964, a situación muda, e comenzan as tensións entre Francia e Alemania.

Mais a razón obxectiva destas agrupacións de Estados, agora chamada UE, é a exportación de capitais excedentes cos que garantir posicións de liderazgo en mercados novos. Esta exportación de capital aos “novos socios” e terceiros países precisa dun “clima de inversión favorábel” non só no político, senon tamén de infraestructuras. Por exemplo, a pesca galega é o primer receptor dos fondos FEOGA Garantía, IFOP, FEP e agora o FEMP. Con eles dotámonos de instalacións portuarias, cámaras frigoríficas, estradas, …mais nunca permitindo desenvolver o noso potencial productivo. A Galiza, fica así postrada a un simple mercado de consumo dos productos pesqueiros importados.

A ausecuencia de sectores productivos causa estancamento económico, déficit financeiro e atraso tecnolóxico, sobre todo nas nacións sen estado. Loxicamente, as potencias europeas non terán problema en amosar a súa “solidariedade” para prestarnos créditos. Porén, ao igual ca nos países empobrecidos, os créditos van condicionados a aplicación do catecismo neoliberal que basicamente consiste en reducir ao mínimo os servicios públicos, para dar cancha ao máis capital privado extranxeiro nas áreas máis productivas.

Convén lembrar que no 2012, foi o PP de Luís de Guindos, ex directivo de Lehman Brothers, o artífice do rescate bancario. Un rescate para salvar os créditos principalmente da banca alemana. Un rescate que non serviu para mellorala competitividade económica nin reconducir o déficit público no Estado. Toda unha heroicidade pola que o “Reino de España” afúndese na irrelevancia, sacando peito contra as “Nacionalidades Históricas”.

Comentarios