star
CULTURA
Tímpanos medievais da Galiza: Catedral de Ourense, a porta do Paraíso
08/feb./21
Músicos, reis, anxos, apóstolos, profetas ou seres fantásticos, completan e conforman un complexo programa iconográfico nas diferentes portadas da Catedral de San Martiño de Ourense. Tres portadas románicas de grande beleza e orixinalidade, que delatan a influencia da escola mateana e doutras tendencias presentes por aqueles anos na Península, como as que viñan de Francia.