O movemento feminista solidarízase coa folga de fame iniciada por Ve-la luz
Após ser hospitalizada unha das mulleres que manteñen a greve de fame desde hai 120 horas, o movemento feminista galego solidarizouse coa asociación e exixen un compromiso político na loita contra a violencia machista. O protesto cumpre xa 5 días . Oito mulleres continúan en folga.