Marea pide ao Concello de Vigo que se poña "do lado" das familias do 'Pitanxo'

A coalición Podemos-Marea de Vigo reclamou esta sexta feira ao Concello "que se poña ao lado das familias do Vila de Pitanxo, ante a neglixente xestión do Ministerio", en relación coa saída do buque Ártabro, que realizará a inspección do pecio en augas de Terranova. O cabeza de lista da Marea, Rubén Pérez, fixo estas declaracións durante unha repartición de propaganda electoral no barrio do Calvario, un polo de atracción de poboación migrante, "poboación que tamén traballa no sector do mar". Previamente acompañou os traballadores de Vitrasa na súa protesta diante do Concello: "Nin control público, nin exixencias para cumprir o prego en materia laboral, nisto si que falan os feitos do alcalde de Vigo".
Rubén Pérez encabeza a lista de Podemos-Marea de Vigo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Rubén Pérez encabeza a lista de Podemos-Marea de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Comentarios