Os produtores de cereixa de Chantada perden as súas colleitas polas tormentas

Os produtores de cereixa da zona de Chantada e doutros municipios da zona como O Saviñao perderon as súas colleitas polas tormentas da última semana. Alfonso Regal, produtor de Pincelo, en Chantada, lamenta en declaracións á axencia Europa Press que a climatoloxía "fixo moito dano" en diferentes variedades desta froita, pois "abriu todas, non se puido coller nada e quedaron todas nas árbores". Explica que, "por desgraza, en parte da ribeira, en Santiago de Arriba e na Sariña, tamén caeu pedra", xusto nun momento de recollida no que a cereixa "estaba en condicións". Agora trasladarán a súa situación ao Concello de Chantada para que as diferentes administracións poidan axudar aos produtores pola campaña perdida.
As últimas semanas de choivas e saraiba esnaquizaron a produción de cereixas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera As últimas semanas de choivas e saraiba esnaquizaron a produción de cereixas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios