Rusia confirma a retirada dos 2.000 soldados do continxente de paz despregado en Artsakh desde 2020

O voceiro do Kremlin, Dmitri Peskov, indicou a cuarta feira que as arredor de 2.000 tropas rusas que integran o continxente de paz despregado en Artsakh desde a fin do conflito bélico con Acerbaixán de 2020 iniciaron a súa retirada da zona tras a disolución da república autoproclamada homónima, logo da fuxida de máis de 100.000 persoas armenias a raíz dun ataque de Acerbaixán contra o territorio en setembro de 2023.

Mercado baleiro en Artsakh tras fuxir a maioría da poboación. (Foto: Marut Vanyan / DPA vía Europa Press)
photo_camera Mercado baleiro en Artsakh tras fuxir a maioría da poboación. (Foto: Marut Vanyan / DPA vía Europa Press)
Comentarios