Difunden un audio no que Trump admite posuír documentos "altamente clasificados"

A canle de televisión CNN vén de publicar un audio do ex presidente estadounidense Donald Trump no que admite estar en posesión de documentos "altamente clasificados", desmentindo así as súas afirmacións previas de que desclasificara con anterioridade eses arquivos. Na gravación, que Trump cualificou de "ilegal" e afirmou que está "manipulada" no marco dunha "continua caza de bruxas" que percibe contra el, alude a un suposto plan de Washington para invadir o Irán e que compartía con persoas que non podían acceder a eses documentos por estaren clasificados. "Isto gaña totalmente o meu caso, sabes? Agás por que se trata de algo totalmente confidencial", di no audio.
O ex presidente dos EUA, Donald Trump (Foto: C-Span / Zuma Press / Contacto Photo)
photo_camera O ex presidente dos EUA, Donald Trump (Foto: C-Span / Zuma Press / Contacto Photo)
Comentarios