Que obras optan aos premios Follas Novas do Libro Galego?

O xornalista de 'Nós Diario', Héctor Pena, opta ao premio na categoría de Obra de Divulgación. 
O xornalista Héctor Pena e a capa do libro.
photo_camera O xornalista Héctor Pena e a capa do libro.

Case 40 obras foron seleccionadas como finalistas nas distintas categorías dos premios Follas Novas do Libro Galego, que se entregarán o próximo 11 de maio no Teatro Principal de Compostela para recoñecer a produción literaria do ano 2023.

Os galardóns están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías da Galiza co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago de Compostela, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta da Galiza.

Así, Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos de Aurora Marco, Os corpos rexistrados e vos textos escritos de Rebeca Baceiredo, e Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo de Francisco Xosé Fernández Naval, optan ao premio na categoría de Ensaio e Investigación.

Na categoría de Obra de Divulgación están nominados Héctor Pena por Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete, Manolo González por O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto e Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema por O cento voando. Amores, alianzas e monogamias.

As novelas A parte fácil de Ismael Ramos, Cinco corujas de Susana Sanchez e Coa man esquerda de Xabier Quiroga son as finalistas en Narrativa, mentres que en Infantil figuran entre as seleccionadas A botella de lentellas de Leticia Barbadillo, Daniel non peirao de Paula Carballeira e Eli García; e Federico de Jesús Castro Yáñez.

En categoría de Obra Xuvenil poden levarse o premio Burbullas de calma serena de Andrea Maceiras, Cuarto de inverno. Furia de María Reimóndez e Nom estamos quebrades de Nee Barros; e en Libro Ilustrado os seleccionados polo xurado foron Cando chega o outono de Mariña Rey Noya, Maruja Mallo. Enigmaticamente única de Bea Gregores e María Canosa, e O gran libro dous nosos montes de Blanca Millán.

Fago ou que podo de Afra Torrado. Rodolfo e Priscila, Os suicidantes de Tomás Guerrero e Diego Ameixeiras e Xaora de Ana Moreiras son os finalistas en Banda deseñada, Gráfico e Humor; e Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatios LGTBIQA  de varios autores, Colección Cademaia de Edicións Laiovento e Muidiños (Rosalía de Castro e Luís Seoane) de Xabier Domínguez e Alba de Evan optan ao galardón en Iniciativa Bibliográfica.

En Obra Traducida poderían alzarse co premio Xavier Senín pola súa tradución de As gratitudes de Delphine de Vigan, María Alonso Seisdedos por Deiche os ollos e miraches as tebras de Irene Solá e María Reimóndez por Trompeta de Jackie Kay.

Enxertos de Dores Tembrás, Retratos de vodas, partos e funerais de Silvia Penas e Sonora de Chus Pato optan ao premio ao libro de Poesía, mentres que Faise o escuro de Carme Varela, Festas de gardar de Lorena Conde e Cuarto de inverno. Mambrú volveu dá guerra de Carlos Labraña fano en Teatro.

Por último, a categoría de Mellor Edición ten entre os seus finalistas a Burbullas de calma serena de Andrea Maceiras, Enxertos de Dores Tembrás e O gran libro dous nosos montes de Blanca Millán; e en Promoción da Lectura foron incluídos como finalistas As Comadres das Letras, Espazo lectura de Gondomar (comarca de Vigo) e a Revista O Papagaio.

Comentarios