Portugal, Marrocos e España serán as sedes do Mundial de Fútbol de 2030

O Estado español volverá acoller un Mundial de fútbol 48 anos despois.
Pedro Rocha, no centro, presidente da RFEF (Foto: RFEF).
photo_camera Pedro Rocha, no centro, presidente da RFEF (Foto: RFEF).

A candidatura de Portugal, Marrocos e España foi elixida para organizar o Mundial de Fútbol de 2030, aínda que Arxentina, Uruguai e Paraguai, que completaban a proposta rival para albergar o torneo, acollerán os partidos inaugurais da cita.

Deste modo, segundo confirmaron fontes da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) o Estado español volverá acoller un Mundial de fútbol 48 anos despois. Aínda que o organismo reitor do fútbol internacional tamén quixo premiar o proxecto liderado por Arxentina, Uruguai e Paraguai, con motivo do centenario da primeira edición deste torneo celebrada en 1930 Uruguai.

"Cremos en Grande. O Mundial Centenario 2030 comeza onde todo iniciouse. Uruguai, Arxentina e Paraguai serán sedes dos partidos inaugurais do Mundial do Centenario", escribiu o presidente da Conmebol, Alejandro Domínguez, avanzando unha noticia que a propia FIFA fará oficial pronto.

Nunha conferencia de prensa posterior, Domínguez anunciou que o torneo comezará no estadio Centenario de Montevideo.

"Vai haber un tempo anterior ao partido onde imos estar festexando o aniversario tanto en Uruguai, como na Arxentina e como en Paraguai. Van haber tres inauguracións, non son soamente tres partidos, son tres inauguracións nas cales se van facer festas, e tamén todos os festexos previos", agregou.

Comentarios