COPA DO MUNDO DE FÚTBOL

Portugal nadou para morrer na beira

As portuguesas perderon fronte á selección dos EUA malia faceren un bo partido.
As lusas empataron ante os EUA. (Foto: Europa Press)
photo_camera As lusas empataron ante os EUA. (Foto: Europa Press)

A selección de Portugal quedou eliminada da Copa do Mundo de fútbol que se está desenvolvendo en Australia e Oceanía, pero fíxoo levando até o seu límite ao todopoderoso combinado estadounidense, vixente campión e gañador de catro dos oito Mundiais disputados até o momento.

O equipo luso chegou ao terceiro e definitivo partido da primeira fase conscicente de que estaba obrigado a gañar se non quería ficar fóra do torneo prematuramente no seu debut mundialista, e non defraudou.

As xogadoras dirixidas por Francisco Neto asinaron un empate sen goles no Eden Park de Auckland ante uns EUA que dominaron con claridade e xeraron bastante perigo sobre a portería defendida por Inés Pereira, pero que tamén estiveron a piques de facer bo o vello dito futboleiro de "quen perdoa, paga" se o disparo de Ana Capeta no tempo engadido perforase a meta defendida por Alyssa Naeher en lugar de estrelarse contra o poste.

Con este resultado Portugal finalizou o Grupo 'E' con catro puntos, por detrás dos Estados Unidos (5) e os Países Baíxos (7). As neerlandesas non tiveron problemas para desfacerse dunha Vietnam que demostrou un nivel moi pobre e perdeu por un contundente sete a cero, tantos materializados por Lieke Martens, Snoeijs, Brugts -por dúas veces-, Roord -tamén en dúas ocasións- e Van de Donk.

Comentarios