COPA DO MUNDO DE FÚTBOL

Sólido triunfo de Portugal sobre Vietnam (2-0) na Copa do Mundo

As lusas estaban obrigadas a gañar para non despedirse prematuramente do Mundial.
Esta foi a primeira vitoria de Portugal na historia do Mundial
photo_camera Esta foi a primeira vitoria de Portugal na historia do Mundial.

A selección portuguesa de fútbol estaba obrigada a gañar a Vietnam se non quería dicir adeus prematuramente á Copa do Mundo que se está desenvolvendo en Oceanía e as lusas fixeron bos os prognósticos impóndose por dous tantos a cero.

As mulleres dirixidas por Francisco Neto adiantáronse da man de Telma Encarnação no minuto 7, sentenciando a novísima Kika Nazareth xa no 20. Con este resultado, Portugal escala até a terceira posición do Grupo 'E', a só un punto dos líderes Estados Unidos e os Países Baixos, que teñen catro, logo de empatar a un tamén na xornada desta quinta feira.

No último partido da xornada, unha das coanfitrioas, a selección australiana, sorprendeu tras caer derrotada contra Nixeria, que nun partido agónico logrou vencer por tres goles a dous no Brisbane Stadium.

Comentarios