Houbo apupada e sonora. As afeccións do Barcelona e do Athletic de Bilbao, que fican xuntas no estadio, asubiaron con forza o himno español, antes do comezo da final da Copa do Rei de fútbol no Camp Nou. Desafiaron as ameazas de sancións da Comisión Antiviolencia e as peticións de suspender o encontro.
Repetiron a apupada das finais de 2009, en Mestalla, e 2012, no Calderón. Milleiros de bandeiras de Catalunya e Euskal Herria enchen de cor a bancada do Camp Nou. O Goberno español condenou os feitos e convocou unha reunión este luns para valorar posibles sancións.
Espectacular! Que ho vegi tot el món! https://t.co/NBQAyT2JiX
— 27 Setembre 15 (@27Setembre) 30 maio 2015