Exército e policía do Ecuador toman o control das prisións do país

"Estamos a tomar o control dos cárceres do país. Felicitacións ás Forzas Armadas e a Policía Nacional. Seguimos traballando para restaurar a paz para todos os ecuatorianos", informou o presidente do país Daniel Noboa.
Membros do exército ecuatoriano rexistran dous cidadáns en Quito (Foto: Juan Diego Montenegro / dpa).
photo_camera Membros do exército ecuatoriano rexistran dous cidadáns en Quito (Foto: Juan Diego Montenegro / dpa).

As forzas policiais e militares no Ecuador están a levar a cabo labores para retomar e manter o control dos cárceres, tras a onda de violencia provocada por unha serie de motíns en varias prisións do país que deixaron decenas de funcionarios e gardas penais como reféns a mans de presos.

"Estamos a tomar o control dos cárceres do país. Felicitacións ás Forzas Armadas e a Policía Nacional. Seguimos traballando para restaurar a paz para todos os ecuatorianos", informou o presidente do país Daniel Noboa.

O anuncio chega despois de que durante esta fin de semana se lograse a liberación de todos os servidores do Corpo de Seguridade e Vixilancia Penal e de persoal administrativo que se atopaban retidos nos diferentes centros de privación de Liberdade.

Reféns

A noticia foi divulgada polo Servizo Nacional de Atención Integral a Persoas Adultas Privadas da Liberdade e a Adolescentes Infractores (SNAI), encargado dos cárceres no Ecuador, que horas antes indicaran que, dos 174 reféns, 133 continuaban privados da liberdade.

Comentarios