"Continuamos a abrir os nosos brazos e a convidar os nosos irmáns e as nosas irmás á casa. Ghana é o voso fogar. África é o voso fogar", afirmou Barbara Oteng Gyasi, a ministra ghanesa de Turismo, nunha recente cerimonia pola morte de George Floyd onde apelou á comunidade negra dos Estados Unidos.
"Reunímonos en solidariedade cos nosos irmáns e coas nosas irmás para que mude o statu quo. O racismo debe acabar. Pregamos e esperamos que a morte de George Floydnon sexa en van, senón que traia a fin dos prexuízos e da discriminación racial en todo o mundo", manifestou Oteng Gyasi, segundo GhanaWeb.
"Aproveitádevos, por favor, e vide a casa; construíde unha vida en Ghana. Non tedes que ficar para sempre alí onde non sodes queridos; tedes unha opción e África agarda por vós", engadiu.
O asasinato de George Plyod continúa a marcar a axenda de Estados Unidos, tanto no debate político como no da mobilización social.