Xustiza

Imputado un mando da Garda Civil polo 'Caso Koldo'

O segundo axente imputado envolveu no pago de comisións ilegais Koldo García.
Sede da Audiencia Nacional, en Madrid. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Sede da Audiencia Nacional, en Madrid. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

O xuíz da Audiencia Nacional encargado da instrución do ‘Caso Koldo’, Ismael Moreno, vén de imputar por subornos e pertenza a organización criminal un mando da Garda Civil, R. V., pola súa presunta implicación na trama de corrupción vinculada á compra pública de máscaras na pandemia de Covid-19. O segundo axente imputado envolveu no pago de comisións ilegais Koldo García, asesor de José Luis Ábalos no Ministerio de Transportes, suspendido polo PSOE por non entregar a súa acta de deputado.

O actual titular da carteira, Óscar Puente, sinalou que tras solicitar un informe ao respecto, non pode despedir o irmán de Koldo, Joseba García, dunha empresa que depende do Ministerio posto que non foi condenado e só está imputado. O que si foi destituído foi Álvaro Sánchez Manzanares, secretario xeral de Portos do Estado e responsábel da tramitación da compra de 20 millóns de euros en máscaras.

Sen o apoio do PP, a Mesa do Congreso validou a proposta do PSOE dunha comisión de investigación sobre as adquisicións relacionadas coa Covid-19, unha iniciativa que ten que ser referendada polo Pleno da Cámara. Amais, o PSOE estuda chamar a declarar o alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida (PP), após un familiar del recomendar dous comisionistas para mercar material sanitario, aos que a Fiscalía pide agora até 15 anos de prisión. 

Comentarios