Recuperan as caixas negras do avión de Prigozhin. Que se sabe até agora?

O Comité de Investigación da Federación rusa informou da recuperación das caixas negras do avión pertencente ao xefe do grupo Wagner, Yevgueni Prigozhin, que se estrelou a cuarta feira na provincia rusa de Tver.
Restos do avión accidentado que pertencía ao grupo Wagner, na rexión de Tver, Rusia (Foto: Investigative Committee Of Russia / Xinhua News / Contactophoto).
photo_camera Restos do avión accidentado que pertencía ao grupo Wagner, na rexión de Tver, Rusia (Foto: Investigative Committee Of Russia / Xinhua News / Contactophoto).

O Comité de Investigación da Federación rusa informou da recuperación das caixas negras do avión pertencente ao xefe do grupo Wagner, Yevgueni Prigozhin, que se estrelou a cuarta feira na provincia rusa de Tver.

Así mesmo, no lugar do sinistro acháronse os corpos das dez persoas que viaxaban a bordo da aeronave. "Para estabelecer as súas identidades están a levarse a cabo exames xenéticos moleculares", precisou o organismo.

"Actualmente tamén se están incautando obxectos e documentación importantes para estabelecer todas as circunstancias do accidente e realizaranse os exames forenses necesarios", indica o comunicado do comité, sinalando que os especialistas continúan inspeccionando os fragmentos e o lugar onde caeu o avión.

Desde o organismo aseguraron que durante a investigación comprobaranse "coidadosamente todas as versións posíebis do acontecido".

Que se sabe até agora?

Previamente, a Axencia Federal de Transporte Aéreo de Rusia publicou a lista completa das persoas que se atopaban a bordo do avión. Nela figuran o nome de Yevgueni Prigozhin e o de Dmitri Utkin, un dos fundadores e comandantes do grupo militar Wagner.

O presidente de Rusia, Vladímir Putin, expresou nun vídeo as súas condolencias ás familias dos falecidos no suceso. "É sempre unha traxedia", dixo.

"Os datos preliminares indican que alí se atopaban integrantes do grupo Wagner. Quixera destacar que son persoas que fixeron unha contribución significativa no noso asunto común”. Lembrámolo, sabemos e non esqueceremos", declarou o máximo mandatario ruso.

Comentarios