O Sáhara Occidental insta o Estado español a acabar co proceso de descolonización

48º aniversario da República Saharauí
Ramaphosa, líder de Suráfrica, co seu homólogo saharauí, Ghali. (Foto: Presidencia de Suráfrica)
photo_camera Ramaphosa, líder de Suráfrica, co seu homólogo saharauí, Ghali. (Foto: Presidencia de Suráfrica)

O Estado español debe asumir a súa responsabilidade de “rematar o proceso de descolonización no territorio”, que abandonou en febreiro de 1976, en paralelo ao comezo da colonización marroquí, reclamou o líder da República Árabe Saharauí Democrática e da Fronte Polisario, Brahim Ghali, segundo recolleron hoxe medios internacionais.

Ghali incidiu nun discurso polo 48º aniversario da fundación da República, que se celebra hoxe, en que o “status xurídico” do territorio non mudou a pesar do recoñecemento da soberanía alauita sobre o Sáhara Occidental por parte do Estado español, e advertiu que os pactos entre Rabat e Madrid non contribuirán coa paz na zona, senón coa “comisión de novos crimes”.

A semana pasada, o presidente español, Pedro Sánchez, reuniuse co rei marroquí, Mohamed VI, co que se comprometeu a levar a cabo o traspaso da xestión do espazo aéreo saharauí, que a Organización Internacional de Aviación Civil asignou ao Estado español no contexto do proceso de descolonización pendente no territorio.

Comentarios