Estados Unidos

Donald Trump alerta do "caos e a confusión" se queda finalmente excluído das eleccións

O Supremo estudará o caso o 8 de febreiro.
O ex presidente estadounidense Donald Trump a pasada semana. (Foto: Sonia Moskowitz Gordon / Europa Press / Contacto)
photo_camera O ex presidente estadounidense Donald Trump a pasada semana. (Foto: Sonia Moskowitz Gordon / Europa Press / Contacto)

O equipo legal do ex presidente estadounidense entre 2017 e 2021, Donald Trump, entregou ao Tribunal Supremo un escrito no que advirte que a súa exclusión das eleccións presidenciais que decorrerán en novembro deste ano pode “desatar o caos e a confusión se outros tribunais estatais e funcionarios estatais seguen o exemplo de Colorado”, recolleron na madrugada de hoxe medios internacionais.

O Tribunal Supremo deste Estado emitiu un veredicto o 19 de decembro de 2023 no que determinou que Trump non pode presentarse ás primarias do Partido Republicano para elixir a súa candidatura nos comicios, o que tamén impediría a súa participación nas presidenciais en Colorado, por estar implicado nunha insurrección, en alusión ao intento de golpe de Estado no Congreso en xaneiro de 2021.

O 8 de febreiro está previsto que o Supremo analice a apelación presentada por Trump, de cuxo resultado está pendente Maine, onde a secretaria de Estado tamén resolveu descualificalo para as primarias. Porén, o Tribunal Superior de Maine suspendeu a medida até que o Supremo federal decida.

Comentarios