Von der Leyen, Costa e Kallas ocuparán altos cargos na Unión Europea

Roberta Metsola, do Partido Nacionalista maltés, volverá ser presidenta do Parlamento Europeo a primeira metade da lexislatura.

Ursula von der Leyen, António Costa e Kaja Kallas. (Foto: Sean Kilpatrick / Canadian Press v / DPA - Alessandra Carli / LPS via ZUMA Pr / DPA - Gaetan Claessens / European Counci / DPA via Europa Press)
photo_camera Ursula von der Leyen, António Costa e Kaja Kallas. (Foto: Sean Kilpatrick / Canadian Press v / DPA - Alessandra Carli / LPS via ZUMA Pr / DPA - Gaetan Claessens / European Counci / DPA via Europa Press)

Os xefes negociadores 'populares', socialdemócratas e liberais, entre eles o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, chegaron esta terza feira a un acordo para a renovación dos altos cargos da Unión Europea (UE), apoiando apoiar Ursula von der Leyen para un segundo mandato á fronte da Comisión Europea (CE), o ex primeiro ministro portugués, o socialista António Costa, como presidente do Consello e a primeira ministra de Estonia, a liberal Kaja Kallas, como Alta Representante de Política Exterior.

Fintes diplomáticas confirmaron o acordo entre as tres principais familias políticas que contan coa maioría cualificada entre os Estados membro para sacar adiante o acordo no Consello, polo que non poderá ser vetado polos ultraconservadores que lidera a primeira ministra de Italia, Giorgia Meloni.

Desta forma, Von der Leyen, Costa e Kallas serán os tres nomes do paquete que chegará ao cumio de líderes da UE que decorrerá entre na quinta e sexta feira en Bruxelas, cando se referendará a renovación dos cargos europeos, informaron fontes de Moncloa. Estes tres nomes xa estaban sobre a mesa desde a semana pasada cando decorreu un primeiro cumio informal de líderes en Bruxelas para tratar a cuestión.

Aínda que non é parte formal da repartición de altos cargos, no paquete que tiñan sobre a mesa os líderes está que a 'popular' maltesa Roberta Metsola sexa presidenta do Parlamento Europeo para a primeira metade de lexislatura.

Nas negociacións por videoconferencia participaron o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, xunto ao chanceler alemán, Olaf Scholz, pola parte socialista, mentres que o primeiro ministro grego, Kyriakos Mitsotákis, e o polaco, Donald Tusk, lideraron os 'populares', e o presidente galo, Emmanuel Macron, e o primeiro ministro neerlandés, Mark Rutte, negociaron por parte dos liberais.

Segundo o pacto, o posto de presidente do Consello acordaríase para un mandato de dous anos e medio, entendendo que a práctica habitual é que dito dirixente poida seguir un segundo mandato, como foi o caso dos seus antecesores Charles Michel, Donald Tusk e Herman Van Rompuy, explican as fontes consultadas, despois de que o Partido Popular Europeo chegase á semana pasada co órdago de repartir o cargo e que un líder 'popular' tomase o posto en 2027.

Comentarios