O BNG pide ao Gobierno, coa entrada dos Avril, unha "planificación efectiva" e "mellorar" o servizo ferroviario

O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno estatal unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril que conectan a Galiza e Madrid, así como unha política de tarifas para as "maiorías sociais".
Néstor Rego (Foto: Arxina).
photo_camera Néstor Rego (Foto: Arxina).

O BNG rexistrou varias iniciativas para reclamar ao Goberno estatal unha "planificación efectiva" e unha programación das frecuencias e servizos dos trens Avril que conectan a Galiza e Madrid, así como unha política de tarifas para as "maiorías sociais".

Ante a próxima entrada en funcionamento dos novos trens, a formación nacionalista pediu servizos e frecuencias que permitan ofrecer aos galegos e ás galegas conexións entre os principais pobos e cidades.

"Non serve de nada que agora anuncien billetes a 18 euros se isto é só promocional e temporal e, sobre todo, se non se resolven os prezos abusivos que Renfe está a manter nos Alvia e mesmo nos Avant. Por tanto, hai que cambiar esa política de tarifas para facela accesíbel ao conxunto da sociedade", apuntou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

O BNG sinalou que a pesar de que o Ministerio español de Transportes xa confirmaron a venda destes trens "non teñen información" sobre a planificación dos servizos e das frecuencias.

"Con todo, aínda non temos información sobre a planificación dos servizos e das frecuencias. Renfe só avanzou que haberá dous servizos ao día na conexión Vigo-Pontevedra-Vilagarcía-Santiago-Ourense-Madrid e outra de volta", indicou Rego.

Neste sentido, o BNG lembrou que "leva meses" solicitando a planificación dos trens Avril e, "independentemente de problemas temporais, é de supor" que Renfe contará cunha previsión de servizos a prestar cos novos trens.

"Renfe está a comunicar con pouco tempo de antelación os novos servizos para a Galiza, o que preocupa aos usuarios e ás usuarias. Sería pertinente que se informase con tempo da programación horaria dos Avril, das frecuencias, dos prezos e da súa utilidade para a conexión interna no territorio galego co obxectivo de mellorar a cohesión territorial e as comunicacións por tren", subliñou Rego.

Comentarios