18-F

Gómez Besteiro defende a aposta do Estado pola industria galega

O líder do PSdeG critica a "inercia" do PP.
O candidato socialista ás eleccións galegas, Gómez Besteiro. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O candidato socialista ás eleccións galegas, Gómez Besteiro. (Foto: Nós Diario)

O candidato do PSdeG nas eleccións galegas do 18-F, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta cuarta feira que  apostará desde a Presidencia da Xunta da Galiza por empresas que creen emprego de calidade e proxectos industriais que fixen poboación.

O candidato subliñou neste sentido "o novo impulso que o Goberno de España" vén de dar á industria galega coa concesión de case cinco millóns de euros en incentivos para o desenvolvemento de seis proxectos empresariais. "Un camiño", incidiu, que "aínda será máis potente despois de febreiro desde o Goberno da Galiza".

As axudas que vén de outorgar o Estado, valorou Besteiro, mobilizarán un investimento conxunto de máis de 54 millóns e permitirán crear 175 novos empregos así como manter 924 postos de traballo. 

"Perder oportunidades"

"Este é o camiño que queremos para a Galiza", asegurou o tamén deputado socialista no Congreso, e criticou a "inercia" do PP. "Unha inacción que lastra a Galiza e que fai que esteamos perdendo moitas oportunidades", asegurou.

Comentarios