Gonzalo Caballero valora concorrer ás primarias do PSdeG para a Xunta

O deputado anuncia un "proceso de escoita".
O deputado socialista Gonzalo Caballero. (Foto: Europa Press)
photo_camera O deputado socialista Gonzalo Caballero. (Foto: Europa Press)

O que fora secretario xeral do PSdeG e actual deputado na Cámara galega, Gonzalo Caballero, avanzou esta segunda feira que iniciará "un proceso de escoita" para decidir se concorre ás primarias para elixir o candidato socialista á Presidencia da Xunta ao tempo que pediu á formación autocrítica sobre os resultados nos comicios municipais do 28 de maio para poder gañar as eleccións o próximo 23 de xullo.

"Quero agradecer aos compañeiros e compañeiras que desde hoxe [por esta segunda feira] me trasladan o seu apoio en relación ás primarias e vou abrir un proceso de escoita co conxunto da organización e da Galiza para traballar en defensa do mellor socialismo", destacou.

Gómez Besteiro, "magnífico activo"

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, incidiu esta segunda feira en que calquera militante do partido pode presentarse ao proceso de primarias que terá lugar en setembro para elixir o seu candidato á Xunta. Porén, Álvarez, centrou as súa referencias en José Ramón Gómez Besteiro, delegado do Goberno en funcións, a quen cualificou como un "magnífico activo".

Comentarios