Falece Cristina Pérez Herraiz, ex concelleira en Lugo

Era a irmá da exdiputada do PSOE no Congreso Margarita Pérez Herráiz.

A ex concelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado como consecuencia dunha enfermidade.

Pérez Herraiz, irmá da exdiputada do PSOE no Congreso Margarita Pérez Herráiz, foi edil pola formación Lugonovo no mandato que transcorreu entre o ano 2015 e 2019.

Ese mesmo ano, ocupou a cabeza de lista por En Marea ás eleccións xerais pola provincia de Lugo.

O Concello de Lugo manifestou o seu pesar pola morte da ex concelleira nas súas redes sociais. "Grazas Cristina polo tempo dedicado a facer un Lugo mellor e un forte abrazo a familiares e amigos", publicou en 'X' a conta oficial do consistorio lugués.

Comentarios