18-F

Pontón aposta por un modelo público de coidados ás persoas maiores na casa

Avanza que un Goberno do BNG reforzará o servizo de axuda no fogar, aumentará as prazas de centros de día e reducirá as listas da dependencia.

Ana Ponton-MAIORES-3
photo_camera Ana Pontón, Goretti Sanmartín, Iria Carreira durante o acto.

Un Goberno liderado polo BNG implicará a posta en marcha dun novo modelo de atención ás persoas maiores no que a prioridade asará polos coidadis na casa, coa fin de garantir “unha vellez digna, tranquila e activa”. Así o manifestou este sábado a líder do BNG e candidata nacionalista á Presidencia da Xunta da Galiza nun acto en Compostela con persoas maiores.

A primeira medida proposta por Pontón para asegurar "unha vellez tranquila" é o reforzo e ampliación dos servizos de axuda no fogar (SAF), ao que se comprometeu a incrementar a súa dotación en 86 millóns de euros para potenciar a autonomía persoal para previr a dependencia e aumentar o número de persoas que poidan acceder a este servizo. Nesta liña, o BNG estenderá os servizos de 'Xantar na casa' para mellorar a alimentación de moitos galegos e combater a soidade non desexada.

Ademais, porá en marcha un servizo de orientación e promoción da actividade física para maiores de 65 en colaboración cos concellos, un elemento que incidirá en "unha mellor calidade de vida para os maiores e que lles supoñerá un mellor envellecemento".

Tamén fomentarán actividades comunitarias, con incentivo á participación social con programas de voluntariado e actividades interxeracionais, pois consideran que o contacto entre xeracións "será un beneficio para o conxunto da sociedade".

Para iso, o BNG levará a cabo unha ampliación da rede pública de servizos de atención á dependencia, mellorará as condicións laborais das persoas que se ocupan do coidado dos maiores e incrementará a rede de centros de día, cun rateo de dous para cada 100 maiores de 65 anos, e cada comarca galega terá como mínimo un.

Cambios

Da mesma maneira, cren necesario cambiar o modelo de residencias a un máis personalizado e pequeno onde se aposte pola xestión pública, co que garantir que non se privaticen máis residencias mediante a súa xestión directa.

Por último, a candidata do BNG á presidencia da Xunta afirmou, no relativo á dependencia, que "a Administración ten que cumprir a lei" e "terminar cos atrasos na valoración da dependencia", de forma que se dupliquen os servizos e o persoal de valoración para que poida estar dentro dos seis meses, "unha cuestión de xustiza coas persoas".

Todas estas medidas, declarou Ana Pontón, servirán para garantir a tranquilidade dos maiores a través dunha rede pública de atención e que saiban que "nunca van estar sós, pois o BNG sempre estará ao seu lado", un obxectivo "polo que vale moitísimo a pena traballar".

Pola súa parte, a deputada do BNG Iria Carreira declarou que durante os últimos 15 anos de goberno do PP "a Galiza foi a menos en diversos ámbitos, tamén no que se refire a servizos públicos", cunha sanidade primaria "cada vez máis afogada e sobrecargada, algo similar ao que ocorre coa atención á dependencia".

"As persoas no centro"

Nesta reunión tamén interveu a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, que recalcou que o BNG traballa en políticas que sitúan as persoas no centro, tamén ás persoas maiores, que son unha gran parte da poboación da capital galega, "un dos colectivos máis vilnerábeis" que pretenden protexer a través do aumento dos recursos económicos.

Sanmartín declarou que nos orzamentos que se aprobarán o vindeiro día 7 de febreiro, o BNG duplica a cantidade de recursos destinados ao servizo de asistencia no fogar, o que supón "unha mellora substancial". Os orzamentos permitirán implantar outros servizos públicos de atención de vida, como a mellora do transporte colectivo, co novo contrato deste transporte.

Comentarios