Educación

A falta de recursos deixa os centros escolares de Vigo ao límite: "Non se pode recortar onde non hai"

Foanpas denuncia a supresión, sen previo aviso, da praza dunha docente que se xubilou no CEIP Igrexa-Candeán, cando o colexio xa fixera toda a planificación contando con esa praza. "Trátase dun colexio pequeno con moita diversidade. O feito é que os políticos alardean da atención á diversidade pero, ao reducir postos, non podemos dar esa atención correctamente", censuran.
Rolda de prensa de Foanpas coa súa presidenta, Iria Salvande, no centro. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
photo_camera Rolda de prensa de Foanpas coa súa presidenta, Iria Salvande, no centro. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
Comentarios