Sanidade pública

Até nove horas de espera nas Urxencias do CHUS: "Non atenderon o meu pai, dependente, até as 3h da mañá"

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, deu esta segunda feira por “normalizada” a situación creada polos contaxios de gripe. Porén, as urxencias hospitalarias seguen colapsadas. Malia que a incidencia da epidemia ten caído na última semana, os ingresos de pacientes, son elevados. Non obstante, a Xunta da Galiza mantén fechadas centos de camas nos hospitais galegos.

Cruz Roja Lugo3_20240115134452
photo_camera O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, segundo pola dereita, nunha reunión onte en Lugo coa Cruz Vermella. (Foto: Xunta da Galiza).
Comentarios