Catalunya

Albert Botran, esta sexta feira, na redacción de 'Nós Diario' (Foto: Arxina).
INTERNACIONAL

Albert Botran: "Hai que entender esta amnistía non como un punto final senón como un punto de partida"

Albert Botran, licenciado en Historia e deputado da CUP na anterior lexislatura española, chegou esta semana a Compostela para presentar o seu libro 'Independencia e revolución: A soberanía nun tempo de crise', publicado por Tempo Galiza Editora. Conversamos con el sobre o contexto político en Catalunya.
Parte da delegación galega (aRitmar, Caamaño e Ameixeiras, Tanxugueiras, Playplan, SceneOff, Ialma) e portuguesa (Convergências Portugal Galiza, Castro Galaico Festival). (Foto: aRitmar)
CULTURA

As culturas galega e portuguesa fanse valer na Fira Mediterrània de Manresa

Galiza e Portugal aterran na feira da raíz, a tradición e a cultura popular

Juan Carlos Rodríguez Ibarra, ex presidente de Estremadura (Foto: Andrés Rodríguez / Europa Press).
Agora

O ex presidente socialista de Estremadura, Rodríguez Ibarra, compara a amnistía "cunha violación"

O ex presidente socialista de Estremadura e membro do PSOE, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, comparou a posíbel amnistía dos presos políticos do procés cunha “violación” que afecta a corenta millóns de españois. Nunha intervención no Forum Europa -presentou unha conferencia de Juan Luis Cebrián, presidente de honra do diario El País-, apuntou que se alguén incumpre a constitución española, está a vulnerar a el e o seu voto, porque votou "a esta España como é". "Como se pode tolerar que alguén viole a corenta millóns de españois?", acrecentou.

Acto reivindicativo do referendo independentista do 1 de outubro de 2017, este domingo, en Barcelona. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)
Catalunya

Marchas a pé, manifestacións e mesmo un novo 'referendo' para reivindicar o legado do 1-O

Para a xornada deste domingo, no que fai seis anos o referendo independentista de Catalunya, están convocados desde primeira hora da mañá numerosos actos ao longo do país.

Barcelona, despois de Madrid

O presidente do Goberno español en funcións, Pedro Sánchez, esta sexta feira, na segunda —e errada— votación de investidura de Alberto Núñez Feixoo. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

O PSOE di ter encarreirada a investidura mais ameaza coa repetición electoral se Junts e ERC exixen o referendo

"Non imos pasar por aí", aseguran altos cargos socialistas. Pedro Sánchez, con todo, confía en ser investido de novo e trasladará ao xefe do Estado na reunión desta segunda feira que ten negociacións abertas e a posibilidade de sumar maioría.
Pedro Sánchez e Pere Aragonès. (Foto: Europa Press)
Catalunya

ERC e Junts piden ao Parlament o aval para solicitar un referendo a Sánchez

As forzas acordan que a votación sexa unha condición para a investidura.

A lingua é o patrón

Os presos políticos cataláns ao saír do cárcere en 2021 (Imaxe: Europa Press)
Catalunya

A xustiza europea acepta os recursos dos nove presos políticos cataláns contra a sentenza do Tribunal Supremo

O tribunal xa aceptara os recursos de Oriol Junqueras, Jordi Sànchez e Jordi Turull por vulneración dos seus dereitos políticos.
Mitin do líder ultradereitista Santiago Abascal en Barcelona antes dos comicios municipais do pasado 28 de maio. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)
Catalunya

O Concello de Barcelona aplicará un 'cordón sanitario' á extrema dereita de Vox

"Precisamos un pacto para un concello comprometido coa democracia, os dereitos e a diversidade ante a ameaza que implica a entrada da extrema dereita nas institucións", defenderon desde Barcelona en Comú, responsábeis dunha proposición que recibiu o apoio de Junts, ERC e PSC e a oposición de PP e Vox.
O minsitro de exteriore do Goberno español, José Manuel Albares (Foto:  Eduardo Parra/ Europa Press).
LINGUA

O Estado renuncia a defender a oficialidade do galego na UE

O Goberno español renuncia a defender a oficialidade do galego na Unión Europea (UE).
O ex alcalde de Barcelona, Xavier Trias durante unha rolda de prensa (Foto: TriasXBCN).
POLÍTICA

Xavier Trias, ex alcalde de Barcelona: "Creo que o PSOE estivo detrás do Golpe de Estado do 23-F"

"Ninguén cre que o fixera o señor Tejero, quizais aínda haxa algúns inocentes que cren iso", afirmou o ex alcalde da capital catalá.
O ex president Carles Puigdemont, nun congreso de Junts. (Foto: Glòria Sánchez)
star
ANÁLISE

O debate confederal e o pacto de elites

Javier García é historiador e profesor na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona
Alberte Mera (segundo pola esquerda), con Martxelo Otamendi, Gemma García e Jordina Salvat. (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O subdirector de Nós Diario debate en Catalunya sobre o estado dos medios de comunicación

Alberte Mera compartiu palestra con Martxelo Otamendi (Berria) e Gemma García (La Directa).

Ameazas

Jordi Cuixart en xullo. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)
Catalunya

O Supremo rexeita os recursos contra os indultos a Cuixart e Sànchez

Aval do TS ao indulto parcial a Jordi Cuixart e Jordi Sànchez, tras resolver a corte que partidos e representantes no lexislativo non teñen lexitimidade para apelar sobre esta cuestión.
O ex conseller catalán Miquel Buch, no xuízo. (Foto: D. Zorrakino. POOL / Europa Press)
Catalunya

Catro anos e medio de prisión para o ex conseller Miquel Buch polo escolta de Puigdemont

"Sorprende esa axilidade e esa rapidez. E, vendo cal é o resultado desta sentenza, dá a sensación de que había moita présa por condenarme", afirmou o ex conseller.
Montse_Fornells_ERC_MPP_MP21757
Entrevista

Montserrat Fornells (ERC): "É posíbel exercer o dereito de autodeterminación na UE"

Montserrat Fornells Solé (Vilanova de l'Aguda, 1983) é alcaldesa de Vilanova de l'Aguda, vicepresidenta da Asociación de Municipios pola Independencia (AMI) e deputada de ERC no Parlament de Catalunya. O vindeiro sábado participará nun congreso de Vía Galega en Santiago de Compostela para debater sobre o dereito de autodeterminación na Unión Europea (UE).

Reunión da Mesa do Congreso que agora preside a socialista Francina Armengol. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
LINGUA

O galego poderá empregarse no Congreso a partir da vindeira semana

A Mesa da Cámara baixa dá luz verde, co voto en contra do PP, á proposta antes mesmo de que se aprobe a reforma do Regulamento.
Alberto Núñez Feixoo e Dolors Montserrat, naquela manifestación na praza madrileña de Colón "por unha España unida". (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
POLÍTICA

Unha nova 'foto de Colón'? O PP convoca un "grande acto" en Madrid contra a amnistía días antes da investidura