Alberto Núñez Feixoo

Alberto Núñez Feixoo, á súa chegada a unha reunión co líder de Vox, no Congreso español, na terza feira (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
star
Análise

O Réxime do 78 busca goberno

Guillerme Vázquez é xubilado. Foi portavoz nacional do BNG.

Feixoo con Vox contra o galego

O vicepresidente primeiro da Xunta da Galiza, Diego Calvo, e o presidente, Alfonso Rueda, no Consello do Goberno galego esta quinta feira (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Alfonso Rueda subscribe o discurso de Núñez Feixoo e abandona a lingua galega

Feixoo quere vetar o galego no Congreso e alude á falacia da "imposición".
Ana Miranda, con auriculares, escoitando unha intervención no Parlamento europeo (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Labazada de Ana Miranda a Feixoo: "Son galega, falo galego e outras cinco linguas e uso 'pinganillo' no Parlamento europeo"

O ex presidente da Xunta asegurou sobre o uso das linguas oficiais nas Cortes españolas que "non concibía un Congreso con ‘pinganillos’".
O deputado nacionalista Iago Tabarés, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG insta Feixoo a "aclarar" o incremento do seu patrimonio en case un millón desde 2020

"Non consta que Feixoo dese cumprimento a esa obriga regulamentaria", lamenta o deputado Iago Tabarés.
Mitin electoral de Alberto Núñez Feixoo na Coruña, en 2020. (Foto: PP)
POLÍTICA

Feixoo, do "Galicia, Galicia, Galicia" a resucitar a falacia da "imposición" do galego, agora no Congreso

"O tema das linguas xa estaba introducido no Senado, onde hai mocións que se poden defender nas linguas españolas, no conxunto delas. Estaba ben orientado e, de súpeto, sen poder discutilo, parece ser que nolo van impor por lectura única, sen posibilidade de discutilo, no Congreso", cuestiona o líder do PP.
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo. (Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press)
POLÍTICA

As conexións de Feixoo coas cloacas policiais pairan sobre a investidura

Enrique García Castaño, considerado nas investigacións xudiciais como o número dous do comisario Villarejo e procesado en diversas causas pola súa pertenza ás coñecidas como cloacas policiais, presume de grandes amigos na Galiza. Un deles, se cadra o máis próximo, é o actual presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feixoo.

Feixoo renega do galego

O líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, en rolda de prensa desde o Congreso, o pasado 30 de agosto, após reunirse con Pedro Sánchez. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo e outros sete altos cargos do PP percibiron 200.000 euros do partido en gastos de representación no último ano

En xuño, o PP desvelou publicamente que Feixoo cobrou 39.260 euros en "gastos de representación" da súa formación á marxe do seu soldo como senador, coincidindo coas exixencias do PSOE e do presidente do Senado, Ander Gil, para que actualizase a súa declaración de rendas no Senado.
Alberto Núñez Feixoo en rolda de prensa (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
POLÍTICA

Feixoo, contra o uso do galego nas Cortes: "Non concibo un Congreso con pinganillo"

"Son galego e falo as dúas linguas, pero non concibo un Congreso con pinganillos. Se todos os políticos nos comunicamos na lingua común, non procede que os cidadáns paguen para entendernos no hemiciclo", proclamou o líder do PP estatal.
Sesión constitutiva do Congreso dos deputados, o pasado 17 de agosto (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
LINGUA

Rexistrada a 'reforma exprés' que permitiría usar o galego no Congreso xa no debate de investidura de Feixoo

PSOE, Sumar, ERC, EH Bildu, PNV e BNG asinan unha proposición de lei conxunta para modificar o Regulamento do Congreso.
Alberto Níñez Feixoo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
POLÍTICA

O liderado de Feixoo, cada día máis cuestionado dentro do PP

O comité de dirección do Partido Popular decorrido esta segunda feira evidenciou as diferenzas sobre a continuidade de Núñez Feixoo. A posición do líder dos populares a nivel estatal non deixa de debilitarse desde a noite electoral do 23 de xullo.

A vergoñenta parafernalia de Feixoo para ser presidente

O líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, en rolda de prensa desde o Congreso, o pasado 30 de agosto, após reunirse con Pedro Sánchez. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo aumenta o seu patrimonio: unha nova casa na Coruña, máis accións de Inditex e 'sobresoldos' do PP

A declaración de bens rexistrada polo líder popular como senador reflicte un considerábel incremento do seu patrimonio persoal desde que accedeu ao liderado do Partido Popular no Estado español.
Yolanda Díaz e Marta Lois durante unha rolda de prensa en agosto (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
POLÍTICA

Yolanda Díaz non se reunirá con Feixoo e delega en Marta Lois

Sumar criticou ao PP que propoña un diálogo coas "forzas democráticas" mentres mantén gobernos autonómicos con Vox, unha forza política que "nega a violencia machista e a crise climática, e quere prohibir formacións políticas democráticas".

O incerto Sr. Feixoo

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo á súa chegada ao Congreso esta cuarta feira, 30 de agosto. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
INTERNACIONAL

Feixoo pide a Sánchez que lle permita gobernar dous anos

O encontro entre os líderes de PP e PSOE no Congreso durou menos de unha hora.
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo reúnense no Congreso. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
Agora

Reunión no Congreso entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo de cara á investidura

A reunión entre o presidente do Goberno español en funcións, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, comezou pouco despois das dez da mañá desta cuarta feira nunha sala do edificio de ampliación do Congreso. Na axenda, o debate de investidura do 26 de setembro. Sánchez chegou en coche desde Moncloa pouco antes das dez. No Congreso xa o esperaba Núñez Feixoo, que exerce como anfitrión tras pedir este encontro como primeira escala da súa rolda de contactos con outras formacións. Esta é a terceira entrevista coñecida entre os dous líderes. En abril de 2022 foi a primeira vez que o presidente do Goberno recibiu en Moncloa a Feixoo como líder do PP. En outubro pasado, tras a dimisión de Carlos Lesmes como presidente do CXPX Sánchez convocouno de novo.

Pedro Sánchez a terza feira. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
INTERNACIONAL

Os presidentes de Catalunya e Euskadi rexeitan verse con Feixoo

Aran demanda o uso do aranés no Congreso. A lingua oficial en Catalunya quere equipararse a galego, catalán e éuscaro.
Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo esta segunda feira antes do debate electoral (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Agora

Feixoo e Sánchez reuniranse esta cuarta feira no Congreso para falar da investidura

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, e o líder do PSOE, Pedro Sánchez, reuniranse esta cuarta feira no Congreso. Nunha interlocución vía WhatsApp Feixoo solicitou Sánchez manter unha charla telefónica para tratar a investidura. O presidente do Goberno en funcións coincidiu na conveniencia de celebrar esa reunión mais preferiu que fosen os seus gabinetes quen pactasen a data. Acordaron xuntarse no Congreso dos Deputados ás 10 horas. O PP enmarca este encontro na normalidade democrática que ha de marcar a axenda após o 23-X e na institucionalidade previa ao debate de investidura fixado para o 26 de setembro. Feixoo xa avanzou o seu interese en que PP e PSOE traballen nun modelo que facilitase a investidura da lista máis votada.