star
POLÍTICA
O PSOE apura os contactos cos nacionalistas tras o fracaso de Núñez Feixoo na investidura
29/set./23
Alberto Núñez Feixoo volveu fracasar. O candidato dos populares á Presidencia do Executivo do Estado español non conseguiu os apoios necesarios para formar Goberno, polo que o reloxo da investidura comeza a correr contra Pedro Sánchez. Arranca un novo capítulo na loita polo Executivo.
POLÍTICA
Néstor Rego a Feixoo: "Quen quixer o voto do BNG terá que se comprometer coa Galiza. Vostede non o fixo"
29/set./23
Rego alegou que “esquecer a Galiza á hora de gobernar non é exclusivo do PP. Temos denunciado moitas veces que as forzas estatais, se as deixan, altérnanse na discriminación do noso país e que iso só muda cando o BNG os forza a facelo”.
Debate de investidura
VÍDEO | O Congreso volve dicir 'non' a Feixoo, que obtén só 172 apoios e fica fóra da carreira presidencial
29/set./23
O candidato do PP despídese definitivamente das súas aspiracións presidenciais e deixa vía libre a un previsíbel encargo a Pedro Sánchez para que se someta á confianza do Congreso.
Debate de investidura
Podemos carga contra Sumar e cuestiona o papel de Marta Lois: "Faltoulle nervio democrático e loita ideolóxica"
28/set./23
O deputado 'morado' Javier Sánchez Serna móstrase crítico de novo co rol asignado á súa formación dentro da coalición, pois ningún representante de Podemos interveu no debate de investidura como si o fixeron Enrique Santiago (PCE) e Aina Vidal (Comuns), canda unha Marta Lois á que culpa de perder o protagonismo en favor dun PSOE "que parecía Podemos" co discurso de Óscar Puente.
CRÓNICA | Debate de investidura
A supervivencia política de Feixoo complícase aínda máis tras fracasar na súa investidura
28/set./23
Feixoo non suma. O candidato do PP á presidencia do Goberno español só conseguiu reunir os votos das forzas situadas máis á dereita. Mentres o PSOE ve despexada a investidura de Sánchez co apoio dos nacionalistas, os populares enfróntanse a un conflito interno.
Debate de investidura
VÍDEO | "Sancho, si, non": o deputado do PSOE que dixo 'si' a Feixoo e provocou o balbordo no Congreso
27/set./23
Herminio Rufino Sancho Íñiguez, deputado do PSOE por Teruel, protagonizou a anécdota da xornada votando por erro 'si' á investidura de Alberto Núñez Feixoo.
debate de investidura
Non hai sorpresa: Feixoo perde a primeira votación da súa investidura
27/set./23
Esta sexta feira 29 de setembro terá lugar a segunda votación. Nesa segunda sesión, Feixoo terá dez minutos para pedir o respaldo da Cámara, e os representantes dos grupos parlamentarios disporán de cinco minutos cada un.
star
Crónica | debate de investidura
O ataque de Feixoo á amnistía marca a sesión de investidura
26/set./23
Comezou no Congreso español a sesión de investidura de Alberto Núñez Feixoo, na que —excepto casos de transfuguismo— non conta con opcións de converterse en presidente estatal, nin na votación desta cuarta feira, que require maioría absoluta, nin na da sexta feira, para a que só precisaría maioría simple.
dEBATE DE INVESTIDURA
As reaccións ao discurso de Feixoo: "É propio de quen sabe que a investidura está condenada ao fracaso"
26/set./23
O BNG recrimina que non mencionase "un só compromiso coa Galiza" mentres as demais forzas soberanistas lamentan tamén os "bulos, falsidades e mentiras" do candidato popular.
debate de investidura
VÍDEO | Así foi o minuto a minuto da sesión de investidura de Núñez Feixoo
26/set./23
Minuto a minuto do debate de investidura de Alberto Núñez Feixoo.
POLÍTICA
EN DIRECTO | Debate de investidura de Feixoo
26/set./23
Vídeo en directo do debate de investidura do candidato do PP á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo.
Debate de investidura
VÍDEO | Comeza o debate de investidura con poucas esperanzas para Feixoo: quendas, prazos e todo o que precisas saber
26/set./23
O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, sométese ao seu debate de investidura no Congreso, o primeiro no cal se escoitarán discursos en linguas oficiais e poderanse usar auriculares para recibir a interpretación simultánea.
star
Debate de investidura
Feixoo afronta unha investidura co transfuguismo como única opción
26/set./23
A sesión de investidura que encara o candidato do PP, Alberto Núñez Feixoo, decorrerá co transfuguismo como a única opción para que alcance a Presidencia entrementres o PSOE e Sumar abordan a "fase técnica" das negociacións coas forzas soberanistas catalás para unha lei de amnistía, segundo sostén ERC.
Agora
Rueda viaxará mañá a Madrid para acompañar Feixoo na sesión de investidura
25/set./23
O líder do PP e candidato á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo, protagonizará o debate de investidura desta terza feira no Congreso, unha sesión na que estará arroupado polos seus 'baróns' territoriais, entre eles o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, que incluíu o desprazamento a Madrid na súa axenda oficial como titular do Executivo galego. Feixoo ofrecerá un discurso "moi propositivo" que incluirá propostas "económicas, sociais e institucionais" e que durará perto dunha hora e media, como preludio dunha votación, salvo sorpresa, condenada ao fracaso.
POLÍTICA
A oposición reprocha a Rueda ser un "palmeiro" do discurso ultra do PP en Madrid
25/set./23
Mentres BNG e PSdeG ven o presidente da Xunta "supeditado" aos "intereses do PP", desde a formación conservadora responden que acudiu á manifestación deste domingo en Madrid contra a amnistía para "representar todos os galegos que cren na igualdade dos cidadáns".
POLÍTICA
Feixoo ataca no acto de Madrid a oficialidade do galego no Congreso cos aplausos de Rueda e o PP galego
24/set./23
40.000 persoas, segundo a organización, participa no acto “contra a amnistía” e no que se volveu cargar contra a oficialidade de galego, euskera e catalán no Congreso. Núñez Feixoo agredeceu a Vox, “porque así o sinto”, o posicionamento contra a “chantaxe” nacionalista.
LINGUA
O Congreso autoriza a lingua galega e Feixoo ameaza con recorrer ao Constitucional
21/set./23
A ex conselleira Rosa Quintana, única deputada do PP en votar 'si' por erro a unha reforma do Regulamento que sae adiante con 180 votos a favor e que Alberto Núñez Feixoo ameaza con recorrer por "inconstitucional".
LINGUA
Feixoo ameaza con recorrer no Constitucional o uso do galego no Congreso
21/set./23
O líder 'popular' garantiu que o seu partido vai defender a constitución española e que a súa asesoría xurídica estudará se hai indicio de inconstitucionalidade no uso das linguas oficiais distintas do castelán en sede parlamentaria.