A Galiza, en "máxima cautela" ante o risco extremo de incendios
Os bombeiros comarcais continúan en folga indefinida para reclamar máis medios
Os bombeiros comarcais continúan en folga indefinida para reclamar máis medios
A asemblea xeral de bombeiros comarcais da Galiza reunirase este segunda feira, 5 de xuño, coa fin de valorar "medidas de presión a tomar", coa proposta de folga a nivel galego encima da mesa. Esta asemblea, que decorrerá en Santiago, está convocada pola mesa intersindical de bombeiros -que conforman CIG, Comisións Obreiras, UXT e o sindicato independente de bombeiros, aínda que tamén conta con delegados de CSIF e USO-. O portavoz da mesa intersindical, Anxo Moldes (CIG), explica que se baralla a opción da folga "debido á inoperancia dos diferentes consorcios para a conversión de persoal laboral fixo de todos os bombeiros da Galicia, segundo a doutrina do Supremo do ano pasado".
Un colectivo de bombeiros forestais pon de manifesto que o Goberno galego “discrimina” a súa experiencia “manobrando” para que a puntuación lograda a través da experiencia na Administración local “careza totalmente de importancia nos vindeiros procesos selectivos, cuxos baremos que os rexerán se están a negociar nestes momentos”.