SOCIAL
O Estado español, de loito oficial polo naufraxio do 'Vila de Pitanxo'
21/feb./22
Os familiares agardan poder reunirse nesta segunda feira co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, para insistir en que se retomen canto antes os traballos de busca dos doce mariñeiros desparecidos no mar de Terraonova.
SOCIAL
O avión coas vítimas e os superviventes do 'Vila de Pitanxo' chega mañá a Compostela
20/feb./22
Miles de persoas apoian en Marín aos familiares do 'Villa de Pitanxo', dispostos a "continuar loitando".
SOCIAL
Remata a identificación dos corpos recuperados do 'Vila de Pitanxo'
19/feb./22
Os corpos sen vida rescatados após o naufraxio corresponden a cinco cidadáns españois, tres peruanos e un ghanés.
SOCIAL
Identifican dous tripulantes máis falecidos do 'Vila de Pitanxo'
19/feb./22
Miguel Ángel Lumbres, tripulante peruano que residía en Cambados, e Juan Antonio Cordero, mariñeiro e patrón de pesca de 55 anos e veciño Lepe (Huelva), súmanse aos corpos identificados do naufraxio do 'Vila de Pitanxo'
Críticas ao Estado
"Por que se pode enviar unha fragata a Ucraína e non buscar compatriotas dun naufraxio?"
19/feb./22
As familias lamentan a xestión do naufraxio. Os tres mariñeiros sobreviventes e os nove mortos do Vila de Pitanxo agardan no porto canadense de Saint John a súa repatriación e multiplícanse as críticas pola actuación gobernamental. A petición de retomar a busca gaña forza.
SOCIAL
Chegan a porto os sobreviventes do 'Vila de Pitanxo' xunto a sete dos corpos
19/feb./22
O barco galego 'Praia Menduiña 2', que transporta aos tres sobreviventes e aos outros sete corpos localizados sen vida do naufraxio do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo', chegou na mañá deste sábado ao porto de Saint John de Terranova.
SOCIAL
O Exército enviará mañá un avión para repatriar os tripulantes do 'Vila de Pitanxo'
19/feb./22
O presidente español, Pedro Sánchez, e o primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau, acordan retomar a colaboración nas labores de búsqueda dos mariñeiros desaparecidos
SOCIAL
Identifican o primeiro falecido polo naufraxio do 'Vila de Pitanxo'
18/feb./22
As autoridades do Canadá avanzan cos labores de recoñecemento dos nove mariñeiros falecidos que puideron ser recuperados do mar.
SOCIAL
As familias dos doce desaparecidos exixen ao Goberno español "medios específicos" para a súa busca
18/feb./22
Aseguran que a vixilancia dos tres pesqueiros galegos que seguen na zona do naufraxio nace pola "vergoña" da inacción do Goberno español.
SOCIAL
Comeza o recoñecemento forense dos falecidos no naufraxio do 'Vila de Pitanxo'
18/feb./22
As autoridades canadenses e españolas axilizan os trámites para a repatriación dos tres sobreviventes e os nove falecidos.
SOCIAL
Tres pesqueiros galegos seguirán na zona do naufraxio á espera de reactivar a procura dos desaparecidos
18/feb./22
O Goberno do Canadá comprometeuse a reaunudar o operativo de busca "cando as condicións meteorolóxicas o permitan".
SOCIAL
As familias mobilízanse para retomar a busca dos doce mariñeiros: "Non os imos abandonar"
18/feb./22
María José de Pazo, filla do desaparecido xefe de máquinas do 'Vila de Pitanxo', lamenta a "dor e o estrés" das familias, que se enteran das novidades "polo Goberno do Canadá". "Isto é aínda cravarnos máis a dor. Non hai humanidade. Non están a facer nada; por favor, reaccionen xa!", sentencia.
SOCIAL
Feixoo afirma que os sobreviventes do 'Vila de Pitanxo' chegarán á Galiza "a partir do domingo"
18/feb./22
Sobre a posibilidade de retomar a busca dos doce mariñeiros desaparecidos, apuntou: "É de xustiza e necesario seguir tentándoo".
SOCIAL
O Goberno canadense abre a porta a retomar a busca "cando as condicións o permitan"
18/feb./22
Melanie Joly, ministra de Exteriores do Canadá, vén de comunicarlle ao seu homólogo no Estado español, José Manuel Albares, que o Goberno canadense ten a "vontade" de retomar o operativo "na medida do posíbel".
SOCIAL
Os sobreviventes do naufraxio chegarán este sábado a Saint John, onde xa atracou o buque 'Nexus'
18/feb./22
A arribada do buque 'Praia Menduíña 2' atrásase polas condicións meteorolóxicas finalmente á mañá deste sábado, segundo informa Salvamento Marítimo.
SOCIAL
Seguen as peticións para retomar a busca dos desaparecidos tras o naufraxio do 'Vila de Pitanxo'
17/feb./22
As autoridades canadenses acordaron a suspensión definitiva da busca dos desaparecidos, mentres familiares e achegados piden proseguir coa procura para "poder despedirse".
SOCIAL
As familias dos desaparecidos no naufraxio deberán agardar tres meses para solicitar a declaración de falecemento
17/feb./22
A investigación do sucedido está condicionada polas poucas posibilidades de refrotar o 'Vila de Pitanxo'.
SOCIAL
Familiares das vítimas piden "sensibilidade" ao Canadá para retomar a busca e que se esclareza o accidente
17/feb./22
"Esperabamos máis sensibilidade do Goberno do Canadá. E tamén dos Estados Unidos, que son os países que están máis perto", lamenta Pedro Arana, presidente da Asociación de Peruanos da Galiza.
SOCIAL
O Estado inicia a investigación do naufraxio do 'Vila de Pitanxo', cun prazo dun ano
17/feb./22
A comisión de investigación creada polo Ministerio de Transportes inicia a recompilación de evidencias documentais e electrónicas para determinar a causa do accidente.