Carles Puigdemont

Alberto Núñez Feixoo, esta sexta feira, 7 de setembro, na apertura do ano xudicial. (Foto Alberto Ortega Europa Press)
INTERNACIONAL

Feixoo xunta a cúpula do PP para coordinar a estratexia contra a amnistía que pide Puigdemont

Os populares "dobrarán" a presión sobre o PSOE e os seus cargos para que Sánchez non acceda á "chantaxe" do ex presidente catalán

O ex presidente de Catalunya, Carles Puigdemont, a terza feira en Bruxelas (Bélxica). (Foto: Europa Press)
star
As condicións de Junts

Puigdemont exixe a amnistía para aceptar negociar a investidura de Sánchez ou Feixoo

O ex presidente de Catalunya revelou as condicións previas de Junts para negociar coas forzas estatais a investidura dos seus candidatos, rexeitadas rapidamente polo PP e consideradas nas "antípodas" da súa posición por parte do Executivo español e do PSOE.
Comparecencia de Carles Puigdemont esta terza feira (Foto: Europa Press).
As condicións de Junts

VÍDEO | Carles Puigdemont: "Se hai acordo, debe ser histórico, e hoxe non se dan as condicións"

O líder de Junts expón as súas condicións para apoiar un candidato á Presidencia do Goberno español, entre as que inclúe a amnistía e o dereito á autodeterminación de Catalunya. "Non aguantamos todos estes anos a nosa posición para acabar salvando unha lexislatura", advertiu.
Jaume Asens, Yolanda Díaz, Carles Puigdemont e Antoni Comín, a segunda feira. (Foto: Sumar)
star
INTERNACIONAL

Junts fixa hoxe as condicións para investir Sánchez

Yolanda Díaz reuniuse con Carles Puigdemont antes de que Junts confirme que exixirá para estudar votar a favor da investidura de Pedro Sánchez, á vez, o PSOE no Executivo español desmárcase da reunión e o propio Sánchez abre a porta a unha lei de amnistía criticada no seo da formación estatal.
Á esquerda, Yolanda Díaz, nun acto de campaña en Vigo; á dereita, Carles Puigdemont, na recente homenaxe ao músico Pau Casals en Francia. (Fotos: Europa Press)
POLÍTICA

Yolanda Díaz reúnese con Puigdemont en Bruxelas para abordar a investidura

A vicepresidenta en funcións acode ao encontro co ex president catalán "en calidade de líder de Sumar" e non como representante do Executivo, subliñan desde o PSOE, que se desmarca desta cita.

Unha amnistía precisa e constitucional

Carles Puigdemont intervindo no Parlamento europeo. (Foto: VilaWeb)
POLÍTICA

A Fiscalía oponse á “inédita” manobra do TC contra Puigdemont e Comín

A decisión obrigará agora a debater a orde de detención de Puigdemont no pleno do TC, con maioría progresista

Respectar Junts, respectar Puigdemont

Carles Puigdemont intervindo no Parlamento europeo. (Foto: VilaWeb)
INTERNACIONAL

Puigdemont chama a pór o foco no ‘conflito Catalunya-España’

O presidente catalán no exilio, Carles Puigdemont, vén de romper o seu silencio após os resultados electorais do pasado domingo. Nun amplo comunicado difundido nas súas redes sociais advirte que se equivocan aqueles que meten presión ao nacionalismo catalán.

A deputada no Parlamento da Unión Europea, Clara Ponsatí (centro), tras ser detida e liberada en Barcelona (Catalunya), a segunda feira. (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press)
star
23-X

A Fiscalía española pide perseguir a Puigdemont co Executivo estatal nas mans de Junts

A aritmética electoral deu a Junts a chave do Goberno español. A forza soberanista fixou unhas condicións que o PSOE xa considerou imposíbeis de aceptar e que poden levar a unha repetición electoral mentres se reactiva a orde de detención contra Puigdemont.
Puigdemont, Ponsatí e Comín na Eurocámara, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
Catalunya

A Fiscalía pide a Llarena que reactive as euroordes contra Puigdemont e Comín mentres Ponsatí é detida en Barcelona

"Mentres sigamos aquí, Catalunya continuará en pé", dixera a ex conselleira Clara Ponsatí após retornar esta mañá á capital catalá.
O ex president Carles Puigdemont, nun congreso de Junts. (Foto: Glòria Sánchez)
Catalunya

A Xustiza europea retira a inmunidade a Puigdemont, Comín e Ponsatí

O Tribunal Xeral da UE desestima o recurso presentado polo ex president e ex consellers da Generalitat contra a decisión do Parlamento europeo de levantarlles a inmunidade. Puigdemont, porén, avanzou que recorrerá a sentenza.

A ONU dá a razón a Puigdemont

Carles Puigdemont intervindo no Parlamento europeo. (Foto: VilaWeb)
Catalunya

A ONU condena o Estado español por violar os dereitos políticos de Puigdemont

O Comité dos Dereitos Humanos condena a suspensión de Puigdemont e afirma que vai contra "a esencia do goberno democrático".

A extradición de Puigdemont, máis lonxe

Sentenza histórica para os pobos de Europa

Comparecencia dos maxistrados do TXUE. (Foto: VilaWeb)
INTERNACIONAL

O Tribunal de Xustiza da UE crea un precedente cos exiliados cataláns para a denegación de 'euroordes'

O tribunal di que o xuíz Llarena pode emitir novas 'euroordes' sempre que sexan "proporcionadas", mais dá novos argumentos para que sexan denegadas.

Teimando na (i)lóxica represiva

España non dá para máis

Carles Puigdemont, durante a sesión plenaria da Eurocámara que suspendeu a súa inmunidade. (Foto: Benoit Doppagne / Europa Press)
INTERNACIONAL

Llarena retira a euroorde contra Puigdemont por sedición pero mantén os cargos por malversación e desobediencia

O xuíz do Supremo deixa tamén en vigor as ordes de busca e captura do ex president e os ex conselleiros Toni Comín e Lluís Puig.