Celanova

Aeroxeradores no PE Vieiro, e á esquera o Monte da Casa da Neve onde se proxecta outro polígono. (Foto: Plataforma veciñal Celanova-O Xurés)
SOCIAL

O Xurés e Celanova únense á masiva loita cidadá contra a "ameaza eólica"

Co movemento veciñal en auxe no norte da Galiza, agora tamén se suman ás protestas polo “espolio” que as eléctricas queren levar a cabo no país veciñas e veciños das comarcas do Xurés e as Terras de Celanova.

Residencia San Carlos de Celanova (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

A comunidade da residencia de maiores San Carlos de Celanova, premio 'Celanova, Casa dos Poetas'

A asociación de familias das persoas usuarias da residencia considera que o galardón é "un lavado de conciencia dos responsábeis" da xestión da Covid-19, que no peor momento da pandemia "miraron para outro lado". O BNG local súmase ás críticas e fala dun "uso partidista" do premio e dunha "falta de respecto aos fins da Fundación Curros Enríquez".
Vista xeral do castro desde o noroeste. (Foto: Concello de Celanova) #castro #castros #concellodecelanova #celanova #castromao #confíndosverdescastrosevalerosoclan
star
CULTURA

Castromao: Asentamento dos 'coelerni'

O castro, coñecido desde etapas moi temperáns da investigación en Galicia, é a testemuña elocuente dun pasado que funde as raíces na prehistoria. Localízase na parroquia de Santa María Castromao, termo municipal e comarca de Celanova. As súas coordenadas UTM, referenciadas ao datum ETRS89 son 584510X e 4668210Y. O monte no que foi construído, cunha cota máxima de 732 metros de altitude, érguese maxestosamente sobre a contorna que o rodea. Domina unha extensa paisaxe sobre a que exerce un amplo control visual, que intercambia con outros castros, incluso máis alá da propia comarca. Tivo unha longa existencia duns 900 anos, entre os séculos VII-VI a. C. e II d. C.
Residencia San Carlos de Celanova (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Alertan da posíbel integración da residencia de Celanova na Fundación San Rosendo

Para ADUR e Vellez e Dignidade, o acordo suporía apostar por un modelo que "está obsoleto e mesmo pode resultar inhumano".
pleno celanova
Denúnciao o Comité da Memoria

A ‘ultradereita’ toma a palabra no Pleno de Celenova

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova denuncia o “feito inaudito” de que se permitise a intervención “dos ultra dereitistas denominados avogados cristiáns nunha institución democrática” para defender un “símbolo falanxista”.

Leopoldo López en Celanova
SOCIAL

Leopoldo López insiste na ruta turística e dá un mitin nunha cafetería de Celanova

Ao acto asistiton o alcalde de Celanova, Antonio Puga, da formacion Celanova Decide, e a portavoz municipal do PSOE, Teresa Barge, socios no goberno municipal.
Cruz erguida en 1939 pola Falanxe no Outeiro da Obra de Celanova (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

O Comité de Memoria de Celanova insta o Concello a retirar a cruz falanxista

"Se a unha árbore lle cortan unha parte da súa raíz, o seu crecemento vai ser deforme", di o PP local, que non respondeu á petición do Comité.
monumento Monte da Obra celanova
MEMORIA E HISTORIA

Ana Pontón e Gonzalo Caballero súmanse á demanda para eliminar o símbolo falanxista en Celanova

Asinan un manifesto que promove o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova para lograr a retirada do monumento falanxista levantado hai máis de 80 anos en Celanova por unha unidade militar falanxista, a Bandera de Marruecos.

monumento Monte da Obra celanova
MEMORIA E HISTORIA

Historiadores, colectivos pola memoria, investigadores e veciñanza piden a retirada da cruz falanxista de Celanova

Méndez Ferrín, Alonso Montero, os fillos de Celso Emilio, Pepe Velo e Luís Soto, máis de 50 entidades e colectivos que traballan pola memoria histórica e os principais historiadores e investigadores do país, entre as máis de 200 sinaturas que apoian a iniciativa do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova

Unha atención na residencia San Carlos de Celanova. (Foto: BNG)
SOCIAL

Covid: Aumenta en 16 persoas máis o foco da DomusVi de Carballo

No entanto, as cifras son similares as de días anteriores despois de que o último parte da Xunta informara do falecemento de até 8 usuarias dos xeriátricos. A Consellaría de Política Social tamén informou dun incremento das infectadas en dúas residencias de atención á diversidade funcional: a Pai Menni de Betanzos (13) e Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente (22).
Leopoldo Rodríguez na homenaxe cívica ás vítimas en Celanova o 11 de agosto de 2020. (Foto: BNG Celanova)
SOCIAL

O BNG acusa ao alcalde de Celanova de evitar responsabilidades na residencia de maiores

O Concello forma parte do Padroado deste centro xeriátrico, sobre o que as familias denunciaron "deficiencias e neglixencias". O Bloque tamén exixe á Xunta que actúe ante a falta de reaccións por parte da Administración municipal.

Un operario co traxe de desinfeccion na Residencia de ancianos San Carlos de Celanova (Rosa Veiga/Europa Press).
SOCIAL

Familias denuncian eivas na residencia de maiores de Celanova e esixen un encontro co padroado

Desde a plataforma REDE denuncian a falta dun servizo de enfermaría 24 horas ou a ausencia dunha zona de illamento para posíbeis casos da Covid-19.
Monqup (Foto: Nós Diario).
star
Música

Ela é coma un río

Hai días que teño a sorte de compartir un proxecto de coworking coa música que vos traio hoxe.
Residencia San Carlos de Celanova en Ourense (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Familias e traballadoras farán parte da xestión da residencia de Celanova

O BNG levou adiante as negociacións co Padroado. Ademais da presenza de familiares e traballadoras  haberá tamén a doutro represente da corporación.

Celanova Mocidade Galega
MEMORIA E HISTORIA

A acta fundacional da Mocedade Galeguista de Celanova ve a luz

Este documento inédito foi dado a coñecer esta terza feira polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. Após 85 anos do gran mitin que decorreu na localidade, o colectivo achega un documento no que aparecen recollidas as sinaturas de Celso Emilio Ferreiro como vicepresidente e Xosé Velo como presidente.


 

O Brasil que acolleu aos militantes do DRIL

Residencia do Inicio (Imaxe: Alberto López / Europa Press)
SOCIAL

Familiares de vítimas nas residencias claman por un modelo público

Medran os contaxios nas residencias, con 332 usuarias afectadas. A Xunta recoñece a existencia de "carencias" mais defende a preponderancia da empresa privada na rede residencial. Familiares de vítimas da Covid-19 en xeriátricos mobilizaranse reclamando investigar o sucedido e en prol dun modelo público.
Residencia San Carlos de Celanova en Ourense (Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

A Fiscalía interroga todas as traballadoras da residencia de maiores de Celanova

Sobre o que aconteceu na Residencia San Carlos de Celanova durante o brote de coronavirus, afirma o BNG da localidade.

Un operario co traxe de desinfeccion na Residencia de ancianos San Carlos de Celanova (Rosa Veiga/Europa Press).
SOCIAL

Un caso negativo segue na planta das persoas con COVID en Celanova por falta de habitacións

Denúnciao o BNG.

Instalacións da residencia en Celanova (San Carlos).
Política

Exixen explicacións ao Sergas polo traslado dun maior con coronavirus de volta á residencia de Celanova

BNG e Podemos denuncian que o Sergas tratou de agochar que o hospital de Ourense devolveu á residencia de Celanova a un paciente con coronavirus após telo ingresado.