star
Educación
Un total de 186 centros escolares fecharon as súas portas na Galiza desde o ano 2009
06/xul./23
O mes de xuño despediuse con protestas no sector do ensino, no cal, desde o curso 2008/2009, cesaron na súa actividade 186 centros, na maioría públicos. Galiza sitúase á cola do Estado en investimento educativo, só por diante de Asturias, Madrid e Castela e León. O número de centros de educación infantil caeu en 51,2% cos gobernos do Partido Popular á fronte da Xunta da Galiza.