As persoas inscritas no Censo electoral de españois residentes-ausentes que viven no estranxeiro (CERA) representan 17,5% do corpo electoral galego, alcanzando en circunscricións como Ourense 28,7%. Só 31% do total das cidadás e cidadáns inscritos no CERA naceron na Galiza.
O acto foi conducido por Luisa Cuevas Raposo, en nome da asociación, quen reivindicou, non só o carácter conmemorativo da actividade, senón tamén a solidariedade con Cuba e o seu dereito a desenvolver un proxecto político, social e económico propio.
O evento tivo lugar na mañá desta quinta feira fronte á sede de Correos na capital galega e estaba dirixido, en concreto, a persoas presas en Camerún, Cuba e Marrocos.
Unha concentración este sábado 29 de outubro na Coruña organizada pola Asociación de amizade galego-cubana Francisco Villamil exixirá o final do bloqueo estadounidense contra Cuba.
Esta mesma semana fai 60 anos a 'crise dos mísiles' de Cuba, un dos momentos máis críticos entre a URSS e os EUA no marco da chamada 'calma tensa' da Guerra Fría.
A asociación de amizade galego-cubana Francisco Villamil fai entrega da primeira achega solidaria desde o país por valor de 4.650 euros e insta a colaborar.
O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, defendeu a súa decisión de contratar 500 médicos cubanos para cubrir as rexións máis periféricas do país, ante o rexeitamento de asociacións do gremio que o consideran discriminatorio.
Unha moza galega de Viveiro (A Mariña), con identidade C.L. e nada en 1993, faleceu pola explosión acontecida na sexta feira no Hotel Saratoga da Habana (Cuba). O seu compañeiro, das Pontes (Eume), atópase grave.
Este donativo chega no contexto do aniversario 46 da creación da República Árabe Saharauí Democrática, como evidencia do apoio permanente de Cuba á causa do pobo saharauí por recuperar os seus territorios e alcanzar a paz
Mambisa está a ser considerada como una dose de reforzo con “calquera outra vacina” segundo a directora de investigacións clínicas do Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía (CIGB) cubano, Verena Muzio.
A vindeira semana coñecerase a vía tomada polo comité noruegués na concesión do premio Nobel da Paz deste ano: ou unha mirada cara ás ameazas globais do futuro ou a volta a un pasado onde este galardón, cunha gran carga política, servía para identificar aliados e inimigos nun mundo dividido en dous bloques enfrontados.