Ana Seixas, viceportavoz de En Marea
X.M.
19/xul./19 10:21
En Marea dedicou o seu plenario do pasado 13 de xullo a reivindicar o seu rol, o seu espazo, na política galega. Nada de se enlear na melancolía do paraíso non alcanzado, do réxime non derrubado, e si moita vontade de enfatizar a súa condición de forza política necesaria para o futuro do país. Derrotada nas urnas, En Marea non deita a toalla ao chan e asume o reto do próximo combate, o das galegas 2020. "Queremos facer unha achega en positivo", afirma Ana Seixas, viceportavoz da formación, sabedora de que a alternativa a Feixoo ou será plural ou non será.