star
CULTURA
A identidade de xénero vista desde o escenario: "A máscara é unha ferramenta perfecta para representar arquetipos sociais"
28/dec./23
O festival Galicreques expande a súa actividade cun laboratorio escénico que indaga na identidade de xénero e na diversidade a través das artes escénicas. O proxecto xunta artistas locais, actores e actrices amadoras vencelladas ao teatro comunitario e persoas comprometidas coas reivindicacións do colectivo LGTB, para levar a cabo unha reflexión conxunta sobre a identidade.