INTERNACIONAL
[VÍDEO] O Exército destitúe o alto mando militar que organizou as "beizóns" no Val dos Caídos
01/xuño/22
"Que o señor bendiga igual que sempre a quen serve á patria baixo este estandarte", dixo o cura que oficiou o acto.
Saúdos militares, izados de bandeira, himno español, roupa de camuflaxe, símbolos carlistas empregados polo bando fascista na guerra civil española, “ El novio de la muerte” da Lexión, actos de homenaxe “aos caídos”... Non nos referimos ao día a día dunha base do Exército español, senón a campamentos de verán, como o Don Pelayo ou o Campamento Gran Capitán, xestionados por empresas privadas e destinados a nenas e nenos mesmo desde os 7 anos. Aínda que asegura “deploralos”, o Ministerio de Defensa e o de Interior colaboran con eles a través do Exército e da Garda Civil.