INTERNACIONAL
Paquistán cortou internet e os servizos de telefonía nas votacións
08/feb./24
Producíronse masivas denuncias por irregularidades.
Sen garantías de que o resultado final teña relación cos votos reais emitidos pola poboación, medra a percepción de que os comicios xerais que decorren hoxe en Paquistán constitúen un referendo sobre o papel do Exército, alimentado por máis do 12% do orzamento público.
Para “afirmar a súa soberanía, salvagardar a patria e defender os seus intereses”, a Xunta Militar que goberna Níxer desde o golpe de Estado en xullo anunciou que revisará todos os acordos cos Estados que contan con soldados estacionados no seu territorio, os Estados Unidos, Italia e Alemaña, que suman arredor de 1.600 tropas, recolleu hoxe a prensa internacional. Washington sería o principal prexudicado pois coordina desde Níxer as súas operacións no Sahel.