CULTURA
As exposicións do Consorcio de Santiago convocan máis de 50.000 visitantes en 2023
26/xan./24
A Casa do Cabido obtén os mellores datos de asistencia desde que foi restaurada polo Consorcio de Santiago no 2011.
A exposición Barreiro. O silencio que chove luz na xanela, recolle unha selección de pinturas e debuxos de José María Barreiro que renden homenaxe ao pintor de Forcarei, continuador da renovación do vangardismo histórico.