Fruga denuncia o “abatemento” de animais sans na campaña de saneamento
Reclama á Consellaría do Medio Rural que engada outras probas ás existentes e que “se poña fin a esta sangría”.
A Fruga demanda que a PAC só beneficie as persoas dadas de alta na Seguridade Social agraria
A Federación Rural Galega (Fruga) destacou que a Galiza é a única autonomía do Estado na que "todas as persoas beneficiarias" da Política Agraria Común (PAC) "son cotizantes da Seguridade Social agraria". Neste sentido, o sindicato criticou esta terza feira que no resto de autonomías "as persoas beneficiarias incumpren esta condición" na campaña da PAC de 2023.
Deste modo, a Fruga reclamou que se corrixa esta "anomalía" por parte das Administracións, emprazando á Xunta da Galiza a dirixirse ao Goberno do Estado español para que a PAC recaia "exclusivamente sobre todas aquelas persoas que poidan demostrar a súa condición de agricultor ou agricultora a título principal, profesional ou activo agrario mediante a alta na Seguridade Social Agraria".
Desta maneira, segundo defendeu o sindicato agrario, as persoas solicitantes "que non acrediten estar dadas de alta na Seguridade Social agraria quedarían excluídas, dándose a posibilidade de acrecentar os importes para cobrar por parte das persoas que si demostran a súa condición de profesionais do sector agropecuario".
O BNG proporá no Congreso a reforma da Lei da Cadea Alimentaria
A Asociación Galega de Viticultura pon en valor a IXP Terras do Navia
Fruga ve na modificación da IXP ‘Tenreira Galega’ un "serio prexuízo para moitas gandarías galegas
A Federación Rural Galega afirma que esta proposta "soamente se fai para favorecer os interese da agro- industria: cebadeiros e grande distribución".
Os cambios na Tenreira Galega Suprema, entre o prexuízo e a homoxeneización
A gandaría galega soporta o prezo do leite máis baixo
O dilema dos gandeiros galegos: producen 41% do leite do Estado e cobran o prezo máis baixo
Os adiantos das axudas da PAC, por baixo da contía de 70% aprobada por Bruxelas debido ás demoras da Xunta
144 vacas infectadas no Estado español: que é a EHE e por que preocupa tanto ao sector gandeiro?
En estudo novos casos sospeitosos da 'Covid das vacas': que sabemos desta doenza?
A Fruga considera "populista e electoralista" a autorización da caza 'sen límite' do xabarín
O cumio de agricultura da UE pide intensificar a produción de alimentos
A Fruga critica a "desastrosa xestión" de Medio Rural na vacinación ante a lingua azul
As explotacións gandeiras denuncian "abandono" na vacinación contra a lingua azul
As perdas polo veto á saída das granxas de animais que aínda non se conseguiron vacinar e os atrasos en que se realice preocupa ao sector. Mentres, a Xunta da Galiza nega "bloqueo".
A Fruga pide a execución das axudas para explotacións de tenreira galega
As organizacións agrarias critican o "desentendemento" da Xunta ante o problema da seca
A industria láctea preme para mercar leite por baixo dos custos de produción
As perdas da Tenreira Galega Suprema provocan outra tractorada en Lugo
O sector da Tenreira Galega Suprema volveu onte a colapsar as rúas de Lugo para reclamar “prezos xustos” e protestar por unha política agraria común (PAC) que entenden lles prexudica. Gandeiras e gandeiros denuncian “recortes” e excesiva “burocracia” que non ten en conta o funcionamento tradicional deste ramo na Galiza