star
ECONOMÍA
A suba de prezos provoca a caída das vendas da horta ecolóxica
03/maio/23
Os últimos datos difundidos polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) sinalan que a horta ecolóxica non consegue deixar atrás un panorama cativo de vendas e produción. O aumento do prezo dos alimentos, ademais, traslada o consumo cara a outros produtos máis económicos. Esta situación preocupa nun sector que se apoia e ten o seu forte no comercio de proximidade.