Entrevista
Simon R. Doubleday, profesor de Historia en Nova York: "Galiza e Portugal eran centrais no século XI e Castela, periférica"
13/mar./24
Hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday é un prestixioso profesor na Hofstra University (Nova York) que ten enfocado parte das súas investigacións na importancia do reino galego alén e aquén da península Ibérica. Agora prologa o libro 'Os Reis e as Raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu', que edita Sermos Galiza S.A.