A pensión media galega é 180 euros ao mes inferior á estatal
As compañías eólicas ingresaron na Galiza 793,2 millóns de euros no ano 2023
A Galiza é unha gran potencia de xeración eólica e representa unha parte significativa nos beneficios das grandes empresas enerxéticas do Estado. Só en 2023, estas ingresaron pola súa actividade na Galiza 793,2 millóns de euros, sendo as principais beneficiadas Iberdrola, Acciona, Naturgy e Enel.
As pensións máis baixas do Estado percíbense na Galiza, o 47% delas por baixo do limiar da pobreza
47,4% do total de pensionistas residentes na Galiza perciben uns ingresos por baixo do limiar da pobreza. Neste sentido, as menores retribucións correspóndense con aquelas persoas que cotizaron polo Réxime Especial de Traballadores Autónomos, cuxas pensións son as máis baixas do conxunto do Estado.
Só 40% dos fogares do sueste da Galiza contan con algunha persoa asalariada
Un país empobrecido: máis da metade da poboación galega non chega a fin de mes
As cifras fornecidas polos organismos públicos indican que máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultade ou moita dificultade a fin de mes. A suba dos salarios e das pensións situouse por baixo do incremento dos prezos impulsando un proceso de empobrecemento.
Os ingresos de 43.353 familias galegas están por baixo dos 600 euros ao mes
Os datos do Instituto Galego de Estatística certifican que as rendas de 13.531 familias na Galiza fican por baixo dos 400 euros mensuais e os ingresos de 29.880 están entre os 400 e os 600 euros mensuais. As cifras máis reducidas atópanse na poboación de máis idade, como resultado do baixo nivel das pensións na Galiza.
As empresas eólicas obtiveron ingresos de 6.826 millóns de euros na última década na Galiza
A Galiza está no albo das enerxéticas pola capacidade para xerar electricidade dos seus recursos hídricos e eólicos. Neste sentido, explícase a intensidade do desenvolvemento destas tecnoloxías de produción no país. Só na última década as empresas eólicas tiveron uns ingresos superiores aos 6.800 millóns.
O modelo de financiamento pon en perigo as prestacións sanitarias
A Xunta da Galiza dedicou 8.336 millóns de euros dos orzamentos de 2021 a sufragar os custos da sanidade, educación e benestar. Porén, o Goberno do Estado só transferiu á Galiza 6.268 millóns para financiar a prestación destes servizos. Así, un ano máis, o modelo de financiamento vixente pon en risco a prestación dos servizos básicos.
Aumentan 5,5% os ingresos procedentes de impostos directos na Galiza
A Galiza recadou máis de 1.787 millóns de euros procedentes do IVE, o que supón 11,6% menos que un ano antes. Non obstante, o país ingresou 2.873 millóns de euros de impostos directos, 5,48% máis que en 2021. Os impostos indirectos supuxeron unha recadación de 3.081 millóns, 8% menos, caendo o IVE 11,6%.
Os fogares galegos destinaron 27% dos seus ingresos anuais a pagar a hipoteca
Coronavirus Galiza: A metade das persoas ingresadas nas UCI en Pontevedra non están vacinadas
Dous de cada dez habitantes da Galiza están en risco de pobreza ou exclusión social
A taxa de risco de pobreza aumentou case un punto en 2020 na Galiza
O 33% das persoas pensionistas viven na Galiza con menos de 649 euros ao mes
O ocio nocturno facturou en agosto só 6% do que ingresou o mesmo mes de 2019
A fenda salarial para a mocidade é de case o 50% a respecto dos outros grupos de idade
O salario dun directivo na Galiza cuadriplica o dos seus traballadores
Por cada 100 euros que cobra un traballador ou traballadora, un directivo ou directiva da súa empresa cobra 366. Unha fenda que, ao ano, representa por volta de 58.000 euros de diferenza entre ambas as dúas categorías. E unha fenda, ademais, que non se reduce, pese a pandemias e crises.