As remesas das migrantes superan os investimentos estranxeiros directos a nivel global
Máis de 770.000 millóns de euros en 2022
Máis de 770.000 millóns de euros en 2022
Os últimos datos da Oficina Europea de Estatísticas (Eurostat) volven deixar en evidencia as políticas do Goberno galego en I+D. O organismo, dependente da Comisión Europea, certifica que a fenda nesta materia entre o país, o Estado e a Unión Europea (UE) continúa a medrar. O gasto da Xunta da Galiza sitúase un 22% por baixo do Estado e un 51,6% por baixo da media da UE .
A Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais volve suspender a Galiza pola súa xestión en materia de dependencia. Un ano máis, sitúase á cola do Estado español en investimento nesta prestación.
A licitación de obra pública estatal na Galiza baixou en 39,5% en 2022. A caída produciuse nun momento de orzamentos expansivos pola proximidade aos procesos electorais de 2023. Un exercicio máis, Madrid é o principal beneficiado do investimento Estatal.
A Galiza rexistrou en xullo 27.685 turistas menos que no mesmo mes do ano anterior. As maiores caídas de ocupación concéntranse en hoteis e casas de turismo rural, presentando as mellores cifras os apartamentos turísticos. Os datos do país coinciden cun incremento da actividade turística no Estado de 2%.
A Airef publicou onte os datos sobre o gasto sanitario en base á liquidación dos orzamentos de 2022. Na Galiza, o investimento ficou en 1.727 euros no ano por persoa, o que supón 43 euros por baixo da media estatal. A peor parte lévaa unha anualidade máis a Atención Primaria.
Foi unha lexislatura extraordinaria, marcada por unhas circunstancias sanitarias inéditas, golpeada por unha crise económica que aínda non entrou na súa fase máis dura, condicionada por un endiañado escenario xeoestratéxico a nivel internacional e que deixou, no seu conxunto, un sabor agridoce na Galiza. Un novo período político cheo de retos para o país ábrese a partir das eleccións de 23 de xullo. Comeza a conta atrás.
Os datos da Intervención Xeral da Administración do Estado certifican que desde 2015 até o primeiro semestre de 2022, último período con cifras, o Goberno estatal deixou sen investir na Galiza 3.562 millóns de euros comprometidos nos oito últimos orzamentos.